Universidade de Santiago
Departamento de Química Orgánica
 
Inicio » Departamentos » Química Orgánica
Seccións
Inicio
Estrutura e organización
Persoal docente e investigador
Docencia
Investigación
Doutoramento de Calidade
Información xeral
Información para estudantes estranxeiros
Memoria do programa
Doutoramento con mención de calidade

O Departamento de Química Orgánica, con sede na Facultade de Química (Santiago de Compostela, Campus Sur), é un dos departamentos máis grandes e dinámicos da USC. Está constituído na actualidade por 36 profesores, 7 investigadores Ramón y Cajal, unha investigadora Parga Pondal, e máis de 90 estudiantes de doutoramento e posdoutorandos, que desenvolven o seu traballo fundamentalmente nas Facultades de Química e de Farmacia, no campus de Santiago, e na Facultade de Ciencias no campus de Lugo.

O Departamento desenvolve a súa actividade docente en oito titulacións de primeiro e segundo ciclo (Bioloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñaría Química, Enxeñaría Técnica Industrial, Enxeñaría Técnica Agrícola, Farmacia, Química e Veterinaria), unha titulación propia (Graduado Superior en Biotecnoloxía) e en dous programas de doutoramento (Química Orgánica e Ciencia e Enxeñaría dos Alimentos).

O programa de doutoramento de Química Orgánica conta coa Mención de Calidade (MEC) dende a creación desta distinción, e produce unha media de 12 doutores por ano, sendo o programa de Terceiro Ciclo máis activo da USC.

No presente curso 2006/07 o Departamento participa no novo Programa Oficial de Posgrao Ciencia e Tecnoloxía Química, dentro do Máster en Química Avanzada.

No eido da investigación, o Departamento ten unha longa tradición científica, estando situado hoxendía entre os tres ou catro mellores departamentos de Química Orgánica españois. A súa puxanza actual e o seu futuro altamente prometedor veñen avalados polos seus grupos de investigación que traballan en campos tan diversos como o diseño e desenvolvemento de fármacos, a catálise mediante complexos metálicos, a síntese de compostos bioactivos, a química das biomoléculas, a química supramolecular, o diseño de novos materiais ou a nanotecnoloxía.

Novidades
Actas dos consellos de departamento
Dpto. de Química Orgánica
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n
15782 Santiago de Compostela
  Teléfono: +34 981 56 31 00
Fax: +34 981 59 10 14
e-mail: qosec@usc.es
http://qoweb.usc.es